Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0147
Clasificación Genérica 02.Manufactura téxtil; 03.OFICIOS
Objeto/Documento espalladeira
Materia/Soporte madeira
Técnica produción artesanal
Dimensiones Alto = 13,60 cm; Ancho = 2,20 cm; Profundidade = 37,50 cm
Descripción Peza formada por unha lámina e un mango. A lámina é ancha, a modo de folla, de sección triangular, cun fio bifacial na parte inferior, roma na parte superior; presentando, no extremo distal, cóncavo, un fio bifacial transversal ó eixe da peza; na parte proximal ten un engrosamento nunha das caras, delimititada mediante rebaixe oblícuo; a superficie da folla está atravesada, na súa parte central, por dúas series lineais de seis perforacións cadradas cada unha. Da parte superior do extremo proximal, sae, sen solución de continuidade, un vástago de sección elipsoidal, rematado nun tope robusto en forma de pico de ave.

Nunha das caras presenta, a lápis, dúas liñas paralelas lonxitudinais e oito paralelas e perpendiculares ás anteriores, coincidindo estas cos eixes das series de perforacións, agás dúas; como si tiveran sido empregadas para guia-las perforacións.

Trátase probablemente dunha espadela reutilizada.

Lonxitude máxima da peza: 37,5cm
Ancho máx. da folla: 13,6cm
Uso/función Téxtil: Proceso de transformación: Tecido: Urdido.
Cada un dos fíos da urdime faise pasar polo correspondente orificio.
Este útil facilita o traballo da preparación da urdime na urdidoira, ao manter os fíos separados e organizados.
Usos: tecelá
Lugar de Procedencia Lobeira (Baixa Limia (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Lobeira
Historia del Objeto ´Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1980). Vida e obra´. 20040706_20040902. Organiza: MuPoGa, MAPOu, MER. MER, sala de exposicións, vitrina.
Bibliografía LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. 663-664.
Catalogación Fernández Bal, María Luisa
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6